miércoles, 10 de mayo de 2017

Neste segundo curso de Bacharelato, na asignatura de Tecnoloxía da Información e Comunicación, fixemos:
       -Este mesmo blog para levar un guión de todo o que iamos facer.
       -Tamén nos adentramos no mundo das páxinas web, como Google Sites...
       -Logo, fixemos unha asociación á cal lle fixemos unha programación (folleto) coas numerosas actividades e o seu correspondente formulario e un logotipo co programa InkScape. Posteriormente subimos toda a información ao blog.
       -Na segunda avaliación, exploramos por primeira vez o mundo da programación en C++, permitíndonos despois poder facer un exercicio ditado polo profesor. Tamén tivemos que facer os diagramas de fluxo dos programas que iamos creando.
       -Finalmente, na terceira avaliación, estudamos os conceptos básicos, e non tan básicos, da seguridade informática. Sobre o mesmo tema tamén fixemos un esquema en Draw.io e un formulario tipo test. Por último, fixemos un Script para a verificación do adaptador de rede, da rede local, verificación da conexión a internet e verificación de servidores DNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario